VINTE na rúa

  • Vinte na rúa, con Marta Conde, de Conxenia.gal «Aposto por un deseño feito á man»

    A deseñadora gráfica Marta Conde reivindica o traballo feito á man tamén para o deseño, cada vez máis dixital e con máis presenza da IA. Desde o ano 2017 colabora con múltiples proxectos comprometidos coa transformación social a través de Conxenia, a empresa que fundou como autónoma buscando xestionar o seu tempo para estar presente na crianza da súa filla. As súas influencias chegan dun paseo polo monte, do seu grupo de pandeireta ou das videochamadas con compañeiras para compartir experiencias e vencer as distancias

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Vinte na rúa, con Daniel Bolívar, 'manitas' e escritor «Xa vou tendo tantos libros publicados como unha editorial pequena»

    «Son oficial retirado da mariña venezolana. Cando estás en alta mar, a ferraxaría queda lonxe e as cousas estropéanse igual, así que tes que apañarte co que hai a bordo e aprender a reparar o que sexa. Ésa foi a miña escola de manitas… e de moitas outras cousas». Neste novo Vinte na rúa coñecemos a historia de Daniel, que traballa arranxando cousas pola Coruña ao tempo que escribe exitosas novelas e ensaios históricos. Dúas facetas dunha vida que ben merecería un libro de seu.

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Vinte na rúa, con Uxío García, polbeiro e ilustrador. «Quero ser autor de cómics, pero o polbo non me desgusta»

    Sempre lle gustou debuxar e facíao mentres na pota fervía o polbo. Uxío García Lage (O Carballiño, 2000) leva na súa historia a tradición polbeira das terras de Oseira e a faceta artística dos seus pais, ambos os dous actores profesionais. 

    Vén de rematar a súa formación en Banda Deseñada en Pontevedra e quere ser autor de cómics, pero recoñece que ir ás feiras, preparar e vender o polbo como os seus avós tamén lle chista. 

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Vinte na rúa, con Rubén López. «Se o queixo non gusta, dá igual onde vaia metido, non tes nada que facer»

    Rubén López, fillo dos fundadores, é o xerente de Lácteos Lorán, queixaría que leva 50 anos producindo e ‘inventando’ produtos lácteos desde unha parroquia de Abadín onde naceu tamén o seu mítico lema: “Con pan ou sen pan, coma queixos Lorán”. 

    Das viaxes como comercial e da distribución porta a porta nos seus inicios di que lle xurdiron as mellores ideas, como aquela de vender un queixo nun recipiente de barro e que parecía unha tolemia. “Tivemos que comprar tráilers enteiros cheos de cazolas”, di sobre unha iniciativa que segue tendo éxito. Pero a clave, aclara, é outra: a calidade. “Se o queixo non gusta, dá igual onde vaia metido, non tes nada que facer”. 

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Vinte en Xinzo. De Entroido, mentres o corpo aguante

    Un ano enteiro a pensar no Entroido. Hai lugares e lugares especiais. E Xinzo é destes últimos, onde a festa do Entroido é todo. A celebración máis importante do ano para propios e achegados, que sempre recuncan na busca de troula e moitos risos...mentres o corpo aguante.

    En Vinte somos moi de festas e non nos puidemos resistir a vivir in situ o Entroido de Xinzo. No Vinte na rúa máis entroideiro falamos con María Jesús, Roberto, Alicia, Chus, Merce, Manuel e Lucas e algúns máis para coñecer e valorar unha tradición con moito futuro.

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Vinte na rúa, con Tamara de la Fuente «Saraievo lémbrame moito a Galicia pola xente, o humor negro, a augardente…»

    «Ola, son Tamara e fago fotos». Tamara de la Fuente repite esa frase a modo de presentación nos seus posts en redes sociais porque é a verdade. Fai e fai fotos, sobre todo retratos. Comezou moi nova e xa non puido parar. Primeiro como fotoxornalista, logo concertos e festivais para chegar á foto fixa no cinema, á foto documental e a Saraievo, a súa «segunda casa». Ultimamente fotografía artistas plásticos... Mañá, quen sabe.

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Vinte na rúa, con Arcadio González. «Aprendo moito da rapazada, dun xeito especial, case sen decatarme»

    «O máis importante que pode ofrecer un traballador do ensino público á sociedade é axudar a dotar aos rapaces de recursos e de oportunidades. Tentar que o que lles suceda durante o tempo que compartan contigo sexa significativo para as súas vidas, que adquiran destrezas e ilusións». Comezamos unha nova xeira do Vinte na rúa neste 2025 achegándonos a Arcadio González Nóvoa, profesor de Filosofía, músico e veciño da Coruña.

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Vinte na rúa, con Lucía Casal «Levantarme ás oito da mañá e dicir: 'Vou onde as vacas' é unha cousa xenial»

    «Levantarme ás 8 da mañá e dicir: ‘Vou onde as vacas’, é unha cousa xenial, algo que non me custa, xa que sei que que cada día vai pasar algo novo, que vai haber unha nova aventura». Lucía Casal ten 21 anos e un orgullo inmenso do que fai. É gandeira e cada mañá, ao se erguer, sente liberdade e moita sorte. O último Vinte na rúa deste ano foi a Melide para falar con esta moza emprendedora que vén de chegar aos 20.000 seguidores en Instagram e Tik Tok con contidos do seu día a día na explotación gandeira.

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Vinte na rúa, con Jacobo Gómez Do Breo á voda «lendo á xente para darlle alegría» coa música e a voz

    Este speaker e picadiscos «autodidacta» logrou tras máis dunha década de de experiencia que milleiros de persoas teñan xunguida a súa voz ou as músicas que elixe a eses pequenos grandes momentos nos que agroma unha bágoa de felicidade; quer pola comuñón do Río Breogán coa súa afección tras unha canastra que sela un triunfo, quer pola ledicia de ter a persoa amada ao carón

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Vinte na rúa, con Mariela Iriarte. «Realmente nunca tiven intención de quedar, pero desde hai 20 anos vivo en Foz e sempre traballei aquí»

    Mariela Iriarte procede de Buenos Aires, Arxentina, onde era profesora de inglés. Chegou a Foz en 2004 para visitar unha amiga que viñera traballar por aquí mais a amiga retornou e ela quedou. Abriu un bar pequeno, un bar grande e tamén unha fábrica de cervexa artesá. É responsable da empresa Augas Santas e vicepresidenta da Asociación de Cervexeiros Independentes de Galicia (Aciga), que ela mesma impulsou xunto a unha ducia de colegas cervexeiros, case todos homes. «As mulleres temos outro rollo. Apoiámonos e compartimos.  Os homes adoitan cometer unha morea de erros por non dicir que non saben algo», explica.

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de